Cita em Combarro
POETAS NA RÚA 2004
III Festival Popular de Poesía, Poetas na Rúa 2004.
Domingo, 19 de setembro de 2004
Promove: Concello de Poio.
Presenta o acto central a escritora Marica Campo.
Participan no recital:
ALBERTE MOMÁN
BRAIS GONZÁLEZ
CARLOS FUENTES
CLAUDIA CASTRO
CRUZ MARTÍNEZ
DIEGO TABOADA
FERNANDO RODRÍGUEZ
IAGO CASTRO
NANA COROMOTO
RAMIRO VIDAL
Programa:
12.30. Praza da Chousa (Combarro). Inicio da acción poética "Poesía para a vida" de homenaxe a Xela Arias e Luísa Villalta. Consistirá na creación dun poema colectivo con participación de toda persoa interesada que queira deixar uns versos propios ou alleos sobre un papel de varios metros estirado sobre o chan da praza.
17.30/18.30. Praza da Chousa (Combarro). Participación na acción poética de homenaxe dos/as poetas convidados/as.
18.30. Praza de San Roque (Combarro). Recital poético-musical. Presentación a cargo de Marica Campo. Recital poético dos/as poetas participantes. Actuación musical.
(ás/aos que estamos "no allo" o concello convídanos despois a uns petiscos e uns viños no propio local do ateneo, na praza de San Roque, que a poesía pode resultar indixesta e sempre é mellor dixerila cuns grolos de bo viño palleta abaixo, ou de boa auga -para as/os que somos máis amigas/os das rás que dos mosquitos-)
Vémonos en Combarro o 19. Que ninguén falte.
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home