Mais do tinglado identitário
A mim, francamente, que me venham agora a demostrar com dados genéticos que nom somos celtas, nom me rompe esquema nengum.A fim de contas, eu próprio devo ser umha cousa bastante palheira geneticamente falando: Menos de cigano, que disso nom creio ainda que vai tu saber, polas minhas veias correrá sangue árabe, judia, e vai tu saber quê mais. Sempre o dixem, para mim ser galego é falar em galego. Quando definitivamente deixemos de falar em galego, pois seremos habitantes de um recuncho peninsular, mas nom da naçom galega. Um será galego se assume a língua do país como própria, a cultura e se integra na sociedade galega. Podes ser negro ou amarelo, e ser galego. Ou é que ser inglês ou português implica ser de umha raza? O único que quero é que os galegos do ano 2050 falem em galego.
8 Comments:
Ahí deches no clavo, sí señor. Que cada un se invente a historia á súa maneira, porque nin a cambirá, nin se saberá nunca a verdade (que non creo que sexa nin blanca nin negra). O primeiro que mire adiante, terá máis posibilidades de chegar máis lonxe.
TOLTALMENTE DE ACORDO CONTIGO E BEN INTERESANTE O TEU DIARIO.
CHEGO AQUÍ POLO ENLACE DO FORO DE VIEIROS E CHAMAMAME A ATENCIÓN O TEMA DA OBXECIÓN DE CONCIENCIA QUE LLE APLICAS AO GRUPO NO QUE EU TOCO. Era básicamente,para que razoaras a túa resposta, simplemente con ánimo de entender o teu punto de vista. Non con ánimos de agarradas tontas.
Veña saude e a seguir escribindo..
AGARDO RESPOSTA.
ademais vexo que segues coa túa pequena cruzada.
O que estaría é encantado de que falaras con coñecemento de causa.
Estás convidado á nosa casa, a que escoites, a unhas cervexas e a parolar un pouco.
saude..
??
B, poido saber quem caralho és, por favor?
oes ... a invitación segue firme. As portas da nosa casa seguen abertas. ... Vou metendo as cervexas no conxelador ...
... fódeme que te queimes sen coñecernos apenas e iso é remediable...
moita saúde compañeiro
gharvesmoon@yahoo.es
Badin e B som a mesma pessoa? Bom, eu já coloquei umha pontualizaçom às minhas acaloradas e excessivas intervençons no foro de Vieiros, talvez provocadas polo tom que estava adquirindo o debate. De todos os jeitos nom tenho nada contra a tua banda, nem contra nengumha banda, a tocar tem direito todo o mundo; outra cousa é que discrepe sobre se estades entre as dez melhores bandas galegas, acho que som duas cousas diferentes.
ok ... cada un é como é ... tan so esperaba que aceptaras a invitación ...
veña,..., chao.
Postar um comentário
<< Home