quinta-feira, março 01, 2007

Continua este circo infame

O problema no caso de De Juana nom é se lhe tenhem que pôr umha sonda gastro-nasal ou nom. O problema no caso de De Juana nom é se tem que estar 12 anos em prisom ou três, ou se tem que estar livre em cinco dias. O problema nom é arresto domiciliar ou prisom. Nem o PSOE é melhor que o PP, nem ao revês.
O problema é que este homem nom tinha nunca que ter sido julgado polos motivos que o julgarom, e tem que estar na rua já...que o libertem sem condiçons é a única maneira de emendar (mínimamente) o erro cometido, claro que este erro mais que erro é arbitrariedade. E ter que agüentar ao subnormal de Pepiño Blanco a dizer que lhe tem muito aprezo à vida, e que por isso defende publicamente a alimentaçom forçosa...valente cabrom! Valentes assassinos, estes elementos do PSOE!!! A Internacional Socialista é a maior cova de terroristas que o mundo conheceu...a memória de Intxaurrondo e da última greve de fame dos presos e presas do GRAPO fai-me insuportável qualquer alarde pseudo-humanitário destas alimanhas. Cabrons!!!!
Aderide ao manifesto galego de solidariedade com De Juana. Que se deam conta de que existimos.

4 Comments:

At 6:54 PM, Blogger Lúa said...

UFFFF, PERDOA PERO NON ESTOU DACORDO...DE TODALAS FORMAS, UN BICO!!!!

 
At 1:48 PM, Blogger moucho branco said...

Eu si estou dacordo. Dous temas fundamentais; este home xa cumplira a súa condea polos delitos relacionados coa súa actividade en ETA. Co dereito español na man era un home que xa pagara penitenciariamente os seus crimes... se non lles gusta a súa lei ese é outro tema, pero non é culpa de De Juana. Este último proceso foi por un bochornoso delito de opinión, un esperpento xudicial en toda regra. Até no programa de TVE "59 segundos" un xurista recoñeceu que a condea a De Juana só podía entenderse como unha condea política, mentres que Carlos Garaikoetxea opinou que de haber observadores internacionais no proceso toda a xustiza española sería desacreditada.

 
At 9:21 PM, Blogger Mario said...

A min o que me chama a atención é que con todo este rebumbio non se fala en ningún lugar de que a pena que está a cumprir é INCONSTITUCIONAL. Aver, que o principio de irretroactividade das leis coñéceno e aplícano até en Madagascar, é unha das bases da seguridade xurídica (!!!).
E fixese o que fixese, e esteamos de acordo ou non, e se poña o PP como se poña, se cumpriu ten que estar fóra.

 
At 2:42 PM, Blogger tangaranho said...

Se o dos famosos 25 mortos vai ser algo que se vai poder utilizar para tudo aquilo que lhes convenha aos que pensam que tenhem a razom da sua parte porque tenhem o poder, entom que mandem ao caralho as leis; que se reinstaure a Santa Inquisiçom e assim já saberemos a quê carta ater-nos, todos os que nom estamos dentro do "sentido comum imperante". A ver, este homem está no talego, porquê? Polo de Hipercor ou polo dos dous artigos de opiniom? Porque parece que os dous motivos se diluim até confundir-se num só...e sobre o da alimentaçom forçosa sigo opinando o que sempre opinei, que é umha atrocidade.

 

Postar um comentário

<< Home