quarta-feira, novembro 07, 2007

Futebol galego celebrará a sua festa

Nesta manhá foi confirmada a próxima cita da selecçom galega de futebol...desculpem, realmente devo dizer das selecçons galegas de futebol, porque as duas selecçons absolutas, a masculina e a feminina, jogarám o 27 de Dezembro em Balaídos. Os homens farám-no perante a selecçom dos Camarons e as mulheres contra a de Catalunya. Também dizer que a selecçom afeiçoada se confrontará na Copa da UEFA das regions a Catalunya e Navarra.

2 Comments:

At 8:40 PM, Blogger Mario said...

O de Camerún é unha cita histórica. A penúltima vez que se tentara formar unha selección nacional foi no 82 para xogar precisamente contra os cameruneses de Roger Milla (tocáralles a nosa terra como sede no mundial). E que debute a selección feminina é outra boísima noticia (hai que apoialas moito, que non creo que teñan moito público).

 
At 7:53 PM, Blogger FraVernero said...

Bon, eu sempre detestei o futbol como deporte (malia ter sólidos antecedentes de comunistas que o aprezaban, como Palmiro Togliatti, fanático da Juventus...). Mais entendendo que parte da exaltación da conciencia patria pasa polas iconas deportivas, ei seguir con interese dos partidos que mencionas, desexándonos o mellor...

Alédame a referencia a Roger Milla, que fora unha das estrelas e revelacións (malia ser xa daquela vello para o fútbol) do Mundial Italia 90, o único que seguín na miña vida con algo de interese...

 

Postar um comentário

<< Home