terça-feira, março 08, 2005

No Dia da Mulher Trabalhadora, versos de Elvira Riveiro

No Dia da Mulher Trabalhadora, uns versos em homenagem a umha mulher trabalhadora em concreto, Elvira Riveiro, que como muitas mulheres da classe trabalhadora na Galiza, tivo que emigrar. Estes versos de Elvira em homenagem a Elvira, também quero que sirvam como sincero abraço a todas as mulheres trabalhadoras do mundo. Quase todas som nais, aliás de operárias. Peças imprescindíveis de umha sociedade que as oculta. Que as posterga. Que as agride. Que as despreça. A todas elas. Nomeadamente às do Terceiro Mundo. Também às lesbianas. Também às prostitutas. A todas aquelas que nem sabem que hoje foi 8 de Março.

POEMA:

I
Metástase ramificada
en cada órgano
...
Non hai saída posíbel,
nin cura,
ningún remedio,
pero debo visitar de vez en cando
o meu oncólogo:
a puta realidade.


II
Recuperar a palabra magoada,
a que foi dita polas bocas hipertróficas,
a cuspida,
a vomitada sen decoro en calquera púlpito
ou non importa en que ridícula asemblea.
Pórlle apósitos nas feridas,
sostela,
para que non caia.


III
A carne derretida –a lume lento-
enriba do papel
(como único adobío apenas unhas febras
de beleza, outras tantas
de violencia).

IV
— que desexas de min? dixo ela
— ondulando sobre ela, gritei — lascivia!
— que desexas de mim, preguntei.
— linguaxe, dixo ela, linguaxe.*
Unha amálgama imperfecta
de carne e xiria incomprensíbel
para os cordos.
— linguaxe, dixo ela, linguaxe.

*(de “Babel” de Patti Smith)


V
Soltar as palabras feas
que non debiamos dicir cando meniñas
ceibalas como as tería ocultas o pai, o sacerdote,
perversas,
sediciosas,
EN MAIÚSCULAS.


VI
Prescindo da moderación
que arrastro encadeada á gorxa,
obvio por un instante o silencio,
fago estiramentos lingüísticos e subcutáneos
e acaban por saír palabras como arrotos
que se lanzan kamikazes
a calquera xugular que estea á escoita.


VII
Só unha mostra infinitesimal
do modo ilimitado
en que estou completamente escrita por dentro
(traio no corpo un horror vacui
de metáforas)


VIII
Eu expulso o meu tumor en tinta negra.
Agora es ti quen ten un carcinoma poético
no cerebro:
estás perdido,
ningún xeito de extirpalo,
a non ser que esteas disposto a sangrar
un menstruo continuo
de tinta negra,
o ritual funesto
de aprisionar fantasmas no papel.*

*(dun poema de Lenise Regina)

2 Comments:

At 11:30 PM, Blogger Juan Pablo FV said...

Tangaraño querido amigo como andas!
No se si sabes que estoy medio out del tema "blog", aun asi, te leo, y tu blog es para me, una inspira.
Porque? porque mata lo que pensas, lo que escribis.
Con todo este frio, pregunta, las frutas que onda? no las puedes vender? la gente no sale?
-Cut Off
Haz escuchao mi radio blog?
Bien, amigo, cuidate, aqui en buenos Aires, tienes un lugar.

*****
Gemini Interactivo

 
At 7:28 PM, Blogger Loba said...

Ramiro, um belo poema! Uma ótima escolha para lembrar um dia que ainda é de muitas lutas. Beijos

 

Postar um comentário

<< Home