Rádio FilispíM já no ar
Última hora!: Rádio FilispiM emite xa en p robas no 93.0 da FM, para Fer...Data: 27/08/05 22:47
Novas do Colectivo OPAII - Rádio FilispiM de Ferrol.
Temos o prazer de vos comunicar que o proxecto de Rádio Comunitária e Libre Rádio FilipiM, iniciado hai agora case un ano e ideado polo Colectivo O.P.A.I.I. (Ondas Para Activación Información Independente ), é xa unha realidade. Rádio FilispiM comezou as súas emisións en probas no 93.0 da FM o meiodía do pasado sábado 27 de agosto deste 2005.
Nas vindeiras semáns os integrantes deste colectivo ferrolterrán (legalmente constituido como asociación cultural) levarán ao cabo os axustes técnicos precisos para a correcta recepción "da filispim".
Como sabedes, Rádio FilispiM (RFM), está concebida coma unha radio de baixa potencia encadrada dentro do ideario das radios comunitarias e libres habidas no mundo, sen patrocinadores ou intereses ente-empresariais. As súas referencias máis inmediatas: CUAC FM (A Coruña), Rádio Kalimero (Santiago de Compostela) ou Rádio Piratona (Vigo). Os referentes estatais: a U.R.C.M (Unión de Rádios Comunitarias e Culturais de Madrid), entre outros. A todos eles: grazas pola vosa inestimábel axuda!. Agradecementos que fazemos extensivos, a tod@s os ferrolterráns que colaboraron e colaboran desinteresadamente para fazer real o proxecto. Colaborando nos "Conspirando por unha rádio libre", nos cedés recompilatorios, en definitiva no autofinanciamento da ideia... é conseguímolo!En breve teredes máis información ao respeito da presentación oficial do proxecto e da convidación á participación criativa que se aveciña.
Ao loro! De momento, pedímosvos que nos sintonicedes en probas e remitades a este opaii.rfm@gmail.com as vosas impresións de como chega a "sintonía filispiniana" ao sitio onde vos atopades. Dende onde e como nos escutas?Lembra: Rádio FilispiM xa en probas, no 93.0 da FM, a tod@!
OPAII! - RFM´93.0 - Ferrol.
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home