Salvemos o assentamento romano de Caldoval !!!
Escrevede-me ao meu e-co, e passo-vos as folhas
Sr.Alcalde de Mugardos
Av. de Galicia 45
MUGARDOS , 15620
D. .....................................................................................DNI. ........................................ en nome propio e co seguinte enderezo ..........................................................................................................................
do modo mais procedente en Dereito , MANIFESTO:
A comisión de Goberno do Concello de Mugardos concede unha licencia municipal para o “traslado “ do xacemento romano de “Caldoval” , segundo o acordo da comisión informativa de Urbanismo de data 23-06-2004 , motivado a unha solicitude de Reganosa de 27 de maio pasado, baseado nun documento da Dirección Xeral de Patrimonio de 14 de maio que autoriza dito traslado, sen ter realizado información pública e co elevado risco de perda de grande parte de seu valor patrimonial.
En visitas ás escavacións que estanse a realizar neste xacemento romano de Caldoval, acompañados de expertos , puidese coñecer que se trata de vestixios de moi alto VALOR PATRIMONIAL , con restos na superficie pertencentes aos séculos IV e V , que nas capas inferiores do solo alberga vestixios até o século II antes de Cristo , e dicir , uns SEIS CENTOS ANOS DE HISTORIA de poboadores dunha vila ou quinta romana , dedicados a pesca , cos restos Arqueolóxicos mellor conservados de Galiza que requiren varios anos de estudo antes de musealizalos , no que son os mais importantes vestixios romanos no golfo Ártabro.
Tamén púidose saber que construír un museo no mesmo lugar de orixe, do xacemento arqueolóxico romano do Caldoval , é a mellor opción cun custo aproximado aos cinco millóns de euros , para o que será fácil ficar partida orzamentaria dos fondos europeus e institucións do estado , toda vez que ese custe amortizarase en pouco tempo pola riqueza turística xerada , da que Mugardos recibirá moito máis do que pode aportar unha planta de Gas . Coa diferencia que un museo nese mesmo espazo orixinal de Punta Promontoiro pode permanecer nos séculos xerando riqueza turística , mentres que unha Planta de Gas ou as actuais instalacións de Forestal do Atlántico , terán unha duración limitada duns poucos decenios .
Estase a tempo de evitar sexa destruído o alto valor patrimonial e turístico que Mugardos tivo a sorte de herdar , chegando ate nosos días , cun potencial de xerar riqueza cultural, histórica e turística que se vería moi reducido co traslado dunha parte a outro lugar .
Os tres xacementos arqueolóxicos , romano de Caldoval, o castro celta de Mehá e o romano de Santa Lucía , ademais do de Noville, desde fai anos están catalogados por Patrimonio e contan no Plan Xeral de Ordenación Municipal.. Non se pode alegar seu descoñecemento por quen parecen dispostos a dilapidar o potencial cultural e histórico máis importante que posúe Mugardos , situación que podería a se comparar as minas de ouro que os indios en América permitiron saquear a cambio duns abelorios .
Non hai ningunha xustificación para o traslado dos xacementos arqueolóxicos. Reganosa non ten aprobada a Declaración de Utilidade Pública, pero ademais , eses xacementos romanos con 600 anos de antigüidade histórica , necesitan uns tres anos para seu estudio previo a súa musealización . As presas polo traslado poderían estar motivadas a que as obras da Planta de Gas poden ser paralizadas polo Xuíz ou Administración Central e o Grupo empresarial promotor quere acelerar a recalificación do solo industrial na chamada zona Oeste .
Polo dito COMUNICO QUE NON ESTOU DE ACORDO CO TRASLADO DO XACEMENTO ROMANO DE CALDOVAL, NEN DOS OUTROS XACEMENTOS . Como alternativa SOLICITO :
Que polo Concello de Mugardos se sume a quen xa solicitamos que sexan DECLARADOS BIC ,
( Ben de Interese Cultural ), e que o CONCELLO sexa quen xestione e coordine cos organismos competentes da Administración Autonómica, Central ou Europa , os estudos e finanzas necesarias para que ditos xacementos arqueolóxicos continúen no mesmo sitio orixinal que se encontran .
Ferrol , de Agosto de 2004
Asdo..
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home