Luísa Villalta na Quintana dos Vivos
Luísa Villalta vive. Está na Quintana dos Vivos, com o punho em alto e desafiando a chúvia. Aguarda-nos alí. Ela já sabe que o meu caminho é sempre ir ao seu encontro. Todos vamos à Quintana dos Vivos, para nos somar ao coro das vozes generosas...
QUINTANA DOS PUÑOS FECHADOS
Multitude de mortos van cantando
Na hora póstuma do dia que é a vida
en nós, en min, multitude de nós e de min
que non pasamos e somos carne comovida
sobrevivendo as idades da derrota.
Ano a ano a vida cumpre o que cantamos,
Repetimos multitude simultaneamente o canto
Talvez xaculatoria, por veces mansedume,
Obediencia sen sinal, fe do nada na súa órbita
Pero que non deixa de cantar
Para existir profunda e lentamente
E ser eu en nós umha voz soia.
Estaba a Quintana dos Mortos posta de Vivos
E éramos en tropel a multitude inteira
Que parte en dúas a metade mais auténtica
Da terra, a imediata, a inevitábel,
A metade de abaixo, a que canta escondida,
Xunto a tumba da fe que desconfia da vida,
Do gozo de ser, en nós eu, sendo tan múltiple
De cumprirmos nun pobo a vida desmiuzada
Xunto à Porta dos Mortos, a Porta Santa
Pola que entra a época e trae para afora o Paraíso
Que é o gozo de ser, eu en nós, ser pedra inteira
Aberta como o sexo de quen confía aínda
A voz que xorde en cada ventre
Da metade da terra, a metade de abaixo,
Esa que xa foi cara á morte
E xa volveu da vida unha e outra vez e aínda queda
E ven polos camiños cansados que encanecen
Nas cabezas dos vellos, nos seus rostos de papel
Como cartas de ausentes, nas mans grosas de sementar
Esa forza de máis que non se exerce dabondo
Contra os poderes sen nome
Pero que cantan unidas confiando na morte,
Cantando en nós, tan eu unicamente,
As mans dos vellos tan grosas de traballo e de tempo
Que apenas os puños se poden fechar
Cando se erguen fechados para cantar o destino.

1 Comments:
Ramiro, hj só vim agradecer. Pela sua amizade, pelo carinho e pela força que tem me dado. Beijo carinhoso
Postar um comentário
<< Home