quinta-feira, junho 29, 2006

Desporto e bandeiras

A "Marea Roja" ficou gelada perante os três golos encaixados pola selecçom espanhola frente a esquadra gala. Como os franchutes nom fixeram até a data um grande Mundial, e se classificaram para a segunda fasse quase quase in extremis e sem demostrar demasiado, já andavam a falar de que Espanha ia esmagar França, e alguém até dixo que havia que "jubilar" ao Zidane. Afinal, parece-me a mim que foi Zidane quem jubilou, ou se calhar terá mandado para o exílio, ao Luis Aragonés. A selecçom "gabacha" vai dar ainda que falar, provavelmente. Tenhem classe e tenhem força. Darám-lhe muita guerra a Brasil, ainda que seguem a ser os cariocas claros favoritos. Os canarinhos som firmes candidatos a ganhar o Mundial.
Eu nom adoito dar demasiadas pistas ao inimigo, mas dá-me a sensaçom de que o sentimento de derrota hoje nom seria o que é se nom houvesse o bombardeamento propagandístico que estivemos a sofrer todos estes dias. Haveria que plantejar-se isto seriamente, por parte do estado espanhol e os seus poderes fácticos. Se nom querem cair no mais profundo dos descréditos, porque levam décadas vendendo fume...
Enfim, o chauvinismo espanhol é cego, cerril e reiterativo nos seus erros históricos.
Em parámetros muito mais modestos, dizer que a Selecçom Galega de básquet vencia ontem à do Japom por cinco pontos de diferença e que hoje é a turma das mulheres, que também se enfrentarám à selecçom nipona. É curioso. A maioria dos galegos nom sabem que este jogo se celebrou, nem sabem que se celebrará em breves o da selecçom feminina. Precisamente porque conseguem umha e outra vez exaltar as massas com a "Furia Española", os que manejam o poder mediático público na Galiza sabem o que pode acontecer se os sucessos, modestos (relativamente) mas reais do desporto galego eclipsam aos contínuos bluffs do desporto espanhol. Por isso a selecçom galega de básquet foi ontem prudentemente relegada às canles digitais da TVG. Nom vaia ser que o pessoal decida passar da selecçom espanhola de futebol e emprestar mais atençom a cousas que deam mais alegrias. Como Javier Gómez Noya se convirta no Fernando Alonso espanhol...a ver o quê acontece com o orgulho pátrio hispano, porque tanto este como os seus companheiros na selecçom galega de triatlo, costumam ficar muito por riba dos espanhois, e aliás nom correm baixo a bandeira espanhola.
Lástima nom haja um canle privado de televisom em galego que aposte por seguir às selecçons desportivas galegas, porque se nom ia haver aquí um debate desportivo-simbólico interessante...

terça-feira, junho 27, 2006

O 25 de Julho, reivindiquemos a Autodeterminaçom

ESTATUTOS NON. AUTODETERMINACIÓN
25 de Xullo, Día da Patria

Temos por diante un novo 25 de Xullo que este ano se conmemora baixo unhas condicións políticas especiais.
Para as BDG, a reforma do Estatuto é, novamente, a maneira que teñen desde o aparello do Estado e os seus representantes en Galiza de furtar o lexítimo dereito dun pobo a decidir o seu destino, quer dicir, a exercer o dereito a autodeterminación, para alén das discusións nominalistas sobre se Estatuto de Nación si ou non.
A Autodeterminación é o proceso político polo cal o conxunto dun Pobo decide, con plena potestade e sen calesquera inxerencias externas, o seu destino: a súa relación co resto de nacións, o seu modelo político e económico, o papel da súa lingua e cultura. Galiza é un Pobo, unha comunidade humana dotada de acusados trazos que a singularizan, é unha nación, colectivo en permanente construción e desexo constatado de ser e de plasmar a súa existencia en institucións propias.
As BDG consideramos que Galiza, como nación, ten o dereito democrático á autodeterminación e que hoxe, este dereito, non é tomado en consideración polas forzas que están a negociar a reforma do actual Estatuto de Autonomía. Un estatuto de autonomía é un resultado tan lexítimo como outro cualquer nun proceso de autodeterminación, máis a autodeterminación sempre vai antes..
As Bases Democráticas Galegas erguen-se como um espazo dese movemento social soberanista que constrúe a nación a partir de abaixo. Xunto a unha ampla rede de colectivos, partidos, centros sociais, organizacións estudiantís e xuvenís, asociacións culturais, forzas sindicais e nacionalistas independentes, envólvese na reivindicación soberanista e reclama unha democracia que supere o simple verniz: un ámbito galego de decisión que parta do exercicio da autodeterminación, considerando Galiza en toda a súa entidade territorial para alén das fronteiras restritas da actual Comunidade Autónoma de Galiza; un cadro galego de relacións laborais que posibilite o avanzo das reivindicacións da nosa clase traballadora sen interferencias alleas; un contexto de liberdades políticas plenas en que cese o asedio contra a militancia e a base social independentista e antisistémica.






O dereito de autodeterminación, como a defensa da lingua,da nosa cultura non pode submeterse aos intereses partidistas. Por iso, as Bases Democráticas Galegas, como movemento social, como espazo suprapartidario do soberanismo de esquerda de Galiza, decidimos convocar neste 25 de xullo unha manifestación, ás 13 h. en Compostela, polo Dereito de Autodeterminación sob a lexenda “Estatutos non. Autodeterminación”, que desexamos poida ser apoiada por un amplo e plural abano das forzas políticas, sindicais e sociais que defendemos a liberdade e a soberanía do noso país.

Galiza, Xuño de 2006

Asdo. Braulio Amaro Caamaño

Coordenador das Bases Democráticas Galegas

domingo, junho 25, 2006

Luto no mundo do folk

A estrada segou a vida de dous músicos de indiscutível nome no mundo da música folk. Carlos Redondo e Igor Medio, membros da banda asturiana Felpeyu, faleciam ontem em acidente de conducçom, caminho de Barcelona. De Felpeyu, temos a lembranza de numerosas actuaçons na Galiza e a constáncia de umha boa relaçom com bandas deste país. Fazendo quilómetros no seu labor de difusom e defesa da música popular asturiana, atoparom a morte. Até sempre.

sexta-feira, junho 16, 2006

Campanha espontánea pola Selecçom Galega

Na página oficial da FIFA há umha possibilidade inmelhorável de fazer campanha pola selecçom galega. O narrador em tempo real que está disponível na ligaçom especial da Copa do Mundo, que aliás oferece o serviço em vários idiomas -entre eles o português- há um bate-papo com o que pode um conversar com internautas de todo o mundo. Para poder participar, há que abrir umha conta em yahoo, já que este servidor patrocina tal serviço. Mas umha vez aberta, a possibilidade de participar é automática. O bate-papo está censurado polo editor, que filtra as mensagens, mas se há muitas, sempre poderá passar algumha. Até o momento o resultado das minhas experiências foi bom; os internautas portugueses mostrarom simpatia pola selecçom galega (para a minha grata surpresa)